Diante da persistencia e insistencia declarada da Mesa da Sanidade de Moaña, de que o CIS ou Infraestructura Sanitaria que pretende acometer o Sergas sexa trasladado a Moaña, Alternativa dos Veciños quere deixar clara a súa esixencia do cumprimento do acordo da Mesa da Sanidade de Cangas de xestionar unha xuntanza co Conselleiro de Sanidade para aclarar definitivamente as intenións e a posición do Sergas con relación a onde se vai a ubicar a infraestructura sanitaria que prestaría os seus servizos sanitarios a veciñanza de Moaña e de Cangas.
A efectos de comprobar e garantizar o encontro co conselleiro de Sanidade, Alternativa reclama a convocatroia dunha Xunta de Portavoces onde se acreedite a solicitude da reunión e mesmo conseguir e reiterar o apoio de todos os grupos municipais para que se constrúa e ubique en Cangas a Infraestructura Sanitaria que vimos demandando.
Non deixa de sorprendernos o silencio de quén decía que a demanda de Moaña era cousa dunha semana e logo todo se esquecería, pois non é así. Razón pola que grupos políticos, asoacións e plataformas deben mostrar con claridade cal é a súa posición e que o pobo de Cangas teña claro quen defende os seus intereses e quen defende outras cousas.
Agardamos que por parte do Goberno Local non se dea a calada por resposta e ainda que sexa por unha vez actúe e non siga de vacacións e festas.