1

As restricións sanitarias en Oleiros obrigan a suspender o teatro e a presentación de Juan Fariña

As novas restricións sanitarias decretadas pola Xunta de Galicia no Concello de Oleiros obrigan a cancelar a obra de teatro programada para este sábado no auditorio Gabriel García Márquez e a presentación da novela de Juan Fariña fixada para mañá venres na Casa Charry, ao limitar o número de persoas asistentes a un máximo de 30 persoas. As demais actividades municipais manteranse, cumprindo en todos os casos coa normativa establecida.

As piscinas e ximnasios municipais continuarán abertos, sen sobrepasar o 50% da súa capacidade. Tamén continuarán desenvolvéndose as actividades culturais, as que se organizan nas bibliotecas e as programadas por Servizos Sociais e Igualdade, reestruturando grupos e aplicando todas aquelas modificacións necesarias para garantir a seguridade das persoas participantes. As escolas municipais de música e danza continuar impartindo as clases presencialmente, continuando cos cambios aplicados desde o inicio do presente curso.

A Feira do Mel prevista para este domingo celebrarase na polideportiva da II República. Tamén abrirán as súas portas o próximo luns as dúas Casas da Mocidade, situadas en Santa Cruz e na antiga Escola das Pedras en Montrove. Si terán que permanecer pechados desde o venres os bares das Casas dos pobos.

Novas relacionadas