O Tribunal Supremo avala a legalidade do convenio para a chegada do urbano 1-A a Santa Cristina
O Tribunal Supremo emitiu unha sentenza o pasado día 17 de febreiro no que confirma a legalidade do convenio asinado entre a Xunta, os concellos de Oleiros e A Coruña e a Compañía de Tranvías para a prolongación do servizo de transporte público da liña 1-A ata Santa Cristina durante os meses de verán. Autos Cal Pita denunciara este acordo nos tribunais, que unha vez máis volven declarar legal o acordo.
“A empresa que preiteou contra o Concello e contra a Xunta para que os buses urbanos da Coruña non viñesen a Santa Cristina perdera inicialmente ante os tribunais. Recorreu ante o Tribunal Supremo e a sentenza volve darnos a razón. Unha satisfacción porque o convenio continuará vixente e o renovaremos unha vez expire”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.