A xestión da Alternativa dos Veciños en Oleiros ofrece moitas dimensións positivas, pero as cifras económicas é sen dúbida unha delas. Aínda poñendo en marcha un alto número de servizos públicos de alta calidade en cada unha das áreas municipais, o concello pechou 2023 cun superávit de dous millóns de euros e un remanente de tesourería de 10,7 millóns.
A pesares da elevada cantidade de obras públicas e mantenementos que se levan a cabo, os números ofrecen importantes datos do Concello, como o feito de que os ingresos por impostos indirectos fosen superiores aos previstos, xa que se recadaron 1,5 millóns dos 1,3 que estaba previsto, o que supuxo un incremento do 121,72%. Estes impostos teñen relación co dinamismo económico que exerimenta Oleiros e a gran actividade que rexistra, xa que afectan ás actividades económicas, construción e obras.
En canto aos impostos directos, capítulo composto polos de circulación, plusvalías e IBI recaudáronse case os 11 millóns previstos. Igualmente, en 2023 cumpríronse as previsións relativas ao capital que outras administracións transfiren ao concello.
Os beneficios desta boa xestión económica e o bo comportamento das previsións realizadas no horizonte anual do municipio falan ás claras da marca Oleiros como un referente positivo, que combina os grandes valores ambientais, uns servizos públicos de recoñecida calidade e un rigor no manexo do diñeiro coa debida austeridade no momento de planificar gastos e investimentos.