Subvencións provinciais de 175.000 euros para 27 entidades deportivas da comarca

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Subvencións provinciais de 175.000 euros para 27 entidades deportivas da comarca

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación da Coruña distribúe case 175.000 euros entre 27 entidades deportivas da comarca coruñesa, nunha acción á que contribuíu o deputado da Alternativa, Ángel García Seoane. Trátase de financiar equipamentos e infraestrutura deportiva durante este ano.

Os importes van dos 8.750 aos 3.600 euros e corresponderon a 18 entidades da capital, tres de Arteixo, tres de Oleiros, un de Bergondo, un de Sada e outro de Cambre.

Os da Coruña son a Hípica, BKC de Kick Boxing, o Casino, aas Federacións Galegas de Atletismo, taekwondo, actividade subacuáticas, fútbol e remo; o Billar Pool, o club Nauga, o Club do Mar de San Amaro, O Puntal, o Náutico, os ximnasios Fibra e Garrapucho, JFR Taekwondo, Club Montaña Coruña e o enclusivo Enki.

De Arteixo benefícianse da subvención o Hércules de golf, o de surf e La Duna. De Bergondo o Olímpico do Mandeo, de Cambre o de halterofilia, de Oleiros o Mariñeiro de Mera, o de paddle de Mera e o Club de Tenis, e de Sada o Club Alamar.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!