[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Xunta da luz verde 7 anos despois a unha instalación que nunca debera compartir espazo con actividades alimentarias como a pesca, ou turísticas como as praias de Oza e Santa Cristina
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A ubicación dunha planta de manexo de residuos tóxicos en pleno porto pesqueiro da Coruña, autorizada recentemente pola Xunta de Galicia tras agardar máis de 7 anos, resulta sospeitosa.
Así o manifestou o presidente da Alternativa, Ángel García Seoane, á hora de valorar a resolución dun caso cunha evolución administrativa que levanta escuras suspicacias, xa que para que unha autorización administrativa tarde 7 anos en producirse e realízase sen os informes da Autoridade Portuaria nen de Augas de Galicia.
A empresa á que autorizan é a mesma que recollía as verteduras das augas do porto da Coruña e en vez de levalos á planta de tratamento de Somozas, porque hai moita distancia, vertía as cisternas nunha nave da urbanización Icaria. Este feito foi denunciado no seu día polo Concello de Oleiros. Facíano a través dun sumidoiro que tiña dentro da nave. Por tanto, envorcaban o camión que levaban con residuos e volvían ás augas da baía da Coruña, algo que no seu momento resultou escandaloso e moi perxudicial para o medio.
No caso actual, os depósitos atópanse moi perto das praias de Oza e de Santa Cristina, nun semento portuario dedicado aos labores pesqueiros, aínda que a actividade da planta non ten relación algunha coa pesca e as actividades auxiliares.
Nestes momentos, co Estado dragando a ría para eliminar residuos tóxicos, a Xunta autoriza unha planta ilegal, nun recinto portuario, dedicado a actividades auxiliares da pesca, cuxa localización tería que facerse en áreas especiais a planta das Somozas.
Non existe lexislación para autorizar, nun porto pesqueiro, empresas de tratamento de residuos tóxicos. Non hai ningunha lei que lexisle isto, precisou García Seoane. Esta planta foi denunciada por Alternativa dos Veciños, concellos de Oleiros e Cambre, Deputación, ADEGA ou veciños dos Castros.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]