Tras décadas de demandas, reivindicacións, manifestacións, proxectos… e o sufrimento dos 3 últimos anos de obras, por fin está aberto ao tráfico as obras de Sol y Mar. Un día moi agardado, co que facemos realidade unha das nosas grandes demandas históricas.
Un no viario que se inaugurou e entrou en servizo tanto para as conexións motorizadas comarcais como as do principal eixo de actividade comercial do municipio.
Con esta importante obra de 11,8 millóns de euros, ademais de embelecer a zona, dáse un paso inicial na mellora dos deficitarios accesos viarios á cidade da Coruña.
Para completar unha rede viaria á altura do noso tempo, aínda quedan pendentes importantes actuacións coas que acadaremos unha mellora da mobilidade no seu conxunto como son a ampliación da ponte Pasaxe e o enlace coa avenida Che Guevara, a prolongación da Vía Ártabra, a reforma de Alfonso Molina, ou a nova conexión de Nós coa AP9.

