O Sergas négase a recoller as xiringas nos ambulatorios e incita a prácticas nocivas contra o medio ambiente

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Sergas négase a recoller as xiringas nos ambulatorios e incita a prácticas nocivas contra o medio ambiente

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Xunta de Galicia decidiu de forma unilateral, e sen comunicación oficial de ningún tipo, deixar de recoller nos centros de saúde as xiringas que utilizan as persoas que teñen que tratarse nos seus domicilios. Tal e como contempla a lei, os concellos só teñen competencias no tratamento dos residuos urbanos e non poden recoller este tipo de elementos.

Os centros de saúde de Oleiros, atendendo ás ordes dadas polo Sergas, están a negarse a recoller os residuos sanitarios perigosos que xeran os pacientes nos tratamentos dos seus domicilios. Ademais de non asumir as súas obrigas, as indicacións que lle están a dar á poboación é que meta as xiringas en botellas de plástico e que posteriormente se boten aos contedores dos residuos urbanos. Unha auténtica barbaridade, tanto desde un punto de vista medioambiental como sanitario.

O Concello de Oleiros non vai asumir unhas competencias que non lle corresponden e vai denunciar o Sergas por deixar de prestar un servizo sen previo aviso e de forma unilateral. Ademais, desde o Concello considérase alarmante que desde a Xunta se invite á poboación a realizar prácticas nocivas para o medio ambiente e se incite á eliminación de residuos dunha maneira tan irresponsable.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!