O Sergas atende parte das demandas de Alternativa de Arteixo para os centros de saúde do municipio
A xerencia da área sanitaria da Coruña respondía á concentración de Alternativa dos Veciños anunciando que vai incorporarse unha matrona ao centro de saúde de Arteixo neste primeiro trimestre do ano. En canto aos pediatras, desde o Sergas insisten en que non hai suficientes no mercado laboral para poder levar a cabo as contratacións.
A incorporación dunha nova matrona era unha das grandes necesidades do municipio. Actualmente só existe unha profesional neste ámbito, á que lle resulta imposible realizar o traballo que corresponde dada elevada poboación que ten Arteixo.
O Goberno da Xunta de Galicia debería preguntarse por que se atopa sen profesionais sanitarios nalgunhas especialidades como a de pediatría. O Partido Popular, a través das políticas abrasivas de destrución da sanidade pública galega, provocou esta situación.