entrevista-ser-31o

Ángel García Seoane destaca a importancia da Área Metropolitana nunha entrevista en Radio Coruña Cadena SER

Este mércores o alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños pasou polos micrófonos de Radio Coruña (SER) para falar do futuro da comarca da Coruña e da importancia de varias infraestruturas que están pendentes de executar.

O rexedor oleirense destaca a importancia da creación dun Área Metropolitana na Coruña que axude a mellorar o benestar e as infraestruturas dos centos de milleiros de persoas que viven na cidade da Coruña e nos concellos limítrofes. Así mesmo, o voceiro de Alternativa destaca a importancia de presentar candidaturas nos concellos da comarca da Coruña nos próximos comicios municipais para ter poder para desbloquear as institucións municipais e así traer á comarca infraestruturas, industria e benestar que no presente escasean debido ao “politiqueo” dos gobernos.

Novas relacionadas