Unha sentenza volve confirmar que Fenosa ten que pagar 107.000 euros ao Concello de Oleiros por unha corta ilegal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Unha sentenza volve confirmar que Fenosa ten que pagar 107.000 euros ao Concello de Oleiros por unha corta ilegal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de confirmar novamente a sanción de 60.000 euros imposta polo Concello de Oleiros a Gas Natural Fenosa por cortar sen licenza as árbores dun parque público. Tamén validou o cobro de outros 16.000 euros en concepto de recargo e xuros. Ademais desta sanción, Gas Natural Fenosa terá que afrontar o pagamento de 31.000 euros máis polos danos causados e a madeira subtraída.

 

Os feitos denunciados polo Concello aconteceron en marzo de 2017. Malia non contar cos permisos pertinentes e facer caso omiso aos requirimentos municipais, a compañía eléctrica eliminou totalmente 28 árbores nunha área duns 2.000 metros cadrados, xunto ao cemiterio de Liáns.

“Alégrome moito porque se nos dea a razón nesta sentenza. Agardo que sirva de exemplo para aqueles concellos ou particulares que sofren os abusos de Fenosa, que moitas veces fan o que queren e hai que pararlles os pés”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!