ACERA

Senda peonil na estrada AC-542 entre Carral e Ordes

Nas vindeiras semanas comezará a obra da senda peonil na AC-542 e terá un prazo de execución de dous meses.

A actuación da Xunta ten como obxectivo, mellorar a seguridade dos peóns, dotando dun itinerario peonil ao tramo do Camiño Inglés da AC-542, desde As Travesas ata o seu desvío por un camiño local que conduce a Hospital (onde se atopa un albergue).

A actuación levarase a cabo por un importe de case 48.000 euros.

Novas relacionadas