Sen solucións para a falta de aparcadoiro de Portádego

Alternativa volveu a levar a pleno a falta de avances respecto aos problemas de aparcadoiro na contorna do Centro de Saúde do Portádego e cuestionou o bo funcionamento do aparcadoiro limitado.

A veciñanza continúa á espera de que o goberno municipal cumpra o compromiso de dotar de novas prazas a zona.

O grupo solicitou información sobre o funcionamento da limitación horaria no Centro de Saúde, xa que a veciñanza traslada que non se está a empregar correctamente, continúa a haber coches en dobre fila e non se están a sinalizar os horarios correctamente.

Por outra banda, Alternativa tamén demandou coñecer os avances respecto ao aparcadoiro que anunciaron o pasado mes de setembro para o persoal do centro de saúde, que permitiría liberar algunhas prazas na zona.

Dende Alternativa sinalan que seguirán insistindo na situación ata que se plantexen melloras na situación.

Comparte esta nova!