A Xunta segue sen garantir a seguridade viaria na avenida Isaac Díaz Pardo

dp

A Xunta segue sen garantir a seguridade viaria na avenida Isaac Díaz Pardo

Varios accidentes recentes poñen de manifesto a urxente necesidade de dotar de beirarrúas esta avenida. O Concello solicitou en reiteradas ocasións á Xunta a dotación e mellora das actuais sendas no tramo comprendido entre Coruxo e a rotonda das Pedreiras.

Polo momento, a única actuación prevista pola Xunta neste tramo consistirá en tapar as cunetas. Esta ridícula mellora, que non soluciona o problema, foi contratada de maneira urxente xusto despois de que un familiar dun membro do Partido Popular caese co coche na gabia.

Ademais do elevado volume de tráfico de vehículos e do estreitamento da calzada, a ambas marxes desta estrada residen máis de 1.200 veciños e veciñas. Centos de persoas desprázanse a pé a diario por este tramo, incluído parte do alumnado do Colexio Cristo Rei e do IES María Casares.

Novas relacionadas