Seguimos comprometidos coa formación artística: 1.165 prazas para música, danza e teatro

As escolas artísticas do Concello de Oleiros teñen aberto o prazo de novas matrículas

Desde Alternativa cremos que a educación e a cultura son piares fundamentais, especialmente para o desenvolvemento da nosa xuventude. Fiel a esta filosofía, o Concello de Oleiros mantén a súa aposta histórica polas súas tres escolas artísticas.

Está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso nas escolas municipais de música, danza e teatro. A data límite é o 28 de abril.

Comparte esta nova!