Seguimos a reclamar á Deputación beirarrúas entre Oleiros e Iñás

A seguridade viaria da rúa Fonte do Ouro, importante para veciñanza e a actividade económica do polígono

Ante o elevado tráfico orixinado pola actividade comercial do polígono de Iñás, urxe ampliar a calzada da estrada Oleiros-Iñás e dotala de beirarrúas na marxe esquerda. O alcalde e deputado provincial reclamará a obra á Deputación para comunicar a capital municipal e a parroquia de Iñás non só co polígono comercial senón tamén co paseo fluvial.

O Goberno de Oleiros tamén leva anos reclamando á Xunta de Galicia unhas conexións de autobuses para o polígono de Iñás acordes ás necesidades da cidadanía. Está previsto que nas próximas semanas se resolva esta e outras peticións relativas ao pésimo funcionamento do transporte público, nunha reunión que a Xunta anunciou que convocaría.

As beirarrúas na marxe esquerda da rúa da Fonte do Ouro son unha necesidade básica para manter a seguridade viaria nesta zona cada vez máis transitada, xa que tanto a actividade do polígono como as vivendas ubicadas nas proximidades poderían verse beneficiadas por esta mellora crucial para unha paisaxe urbana máis segura e saudable.

Comparte esta nova!