Satisfacción pola aprobación dos orzamentos municipais de Sada

sabm

Satisfacción pola aprobación dos orzamentos municipais de Sada

Desde Alternativa dos Veciños primeiramente estamos satisfeitos cun incremento nas partidas das nosas áreas, pero remarcando que o gasto nas mesmas dende a pandemia foi inferior ou similar, e anteriormente á dita situación sanitaria, renunciando a proxectos e iniciativas en prol doutras áreas. É curioso comprobar como despois dunha pandemia mundial, o orzamento en Saúde dende 2019 a 2022 incrementase un 10%. Nos consideramos fundamental cumprir coa lexislación vixente, supeditando o noso apoio dos orzamentos a algo comentado continuamente durante o último ano en reunións de Goberno, o compromiso do alcalde a sacar a licitación servizos como asesoría xurídica e procurador, redaccións de proxectos e xefes de obra, e outros como combustibles, telefonía móbil, etc. co fin de optimizar un orzamento, xa de por si comprometido, para que o funcionamento e operatividade dos diversos procesos e actuacións das futuras empresas concesionarias sexa eficiente, fiscalizando e reclamando no caso de que así fose requirido.

Novas relacionadas