A tradicional sardiñada da praia de Mera celébrase o venres 15 de xullo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A tradicional sardiñada da praia de Mera celébrase o venres 15 de xullo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros, en colaboración coa Asociación Veciñal San Cosme de Maianca e o Centro Deportivo Mariñeiro de Mera, organiza o vindeiro venres 15 de xullo a tradicional sardiñada que se celebra na praia de Mera. A festa comezará a partir das 20:00 horas.

Venderanse tanto sardiñas asadas como crúas, poñendo leña gratuíta a disposición de aquelas persoas que desexen utilizar as súas propias grellas, e tamén haberá punto de venda de bebidas. A animación musical correrá a cargo da Agrupación Cultural A Marola de Mera e da charanga A Santa Compaña.

O Concello decidiu asumir a organización desta festa, en colaboración coas entidades sociais de Maianca e Serantes, ante a posibilidade de que se perdese. Este evento formaba parte tradicionalmente das Festas do Carmen de Mera, que non se celebrarán este ano ante a inexistencia dun grupo de persoas que decidise asumir o relevo na comisión de festas.

A sardiñada da praia de Mera é un evento singular e dunha grande tradición non só na localidade de Mera, senón en todo o municipio, con sona por toda a comarca da Coruña. Trátase dunha festa de grande interese cultural, social e turístico.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!