Sancionado con 501 euros un infractor das normas do lixo en Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Sancionado con 501 euros un infractor das normas do lixo en Oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Policía Local identificou a un cidadán realizando depósito de residuos voluminosos infrinxindo as normas da Ordenanza xeral de limpeza do Concello de Oleiros, nun lugar no que existe sinalización que prohibe expresamente o depósito de escombro. Estes feitos, acontecidos nas proximidades da vivenda da persoa infractora, ocasionaranlle unha sanción de entre 501 e 1.500 euros.

Entre o lixo había caixas de mudanza con libros antigos, madeiras, mobles vellos, unha carreta e varias bolsas de lixo rachadas e espalladas. Con anterioridade, a persoa denunciada estivo facendo limpeza no inmoble da súa propiedade, reunindo os elementos que posteriormente foron depositados fóra dos contedores incumprindo a prohibición de abandono de mobles e efectos particulares na vía pública.

“Non estamos dispostos a permitir este tipo de comportamentos. Ninguén ten dereito a degradar desta maneira o noso municipio. Electrodomésticos, mobles, podas,… é obrigatorio levalos ao punto limpo. Pídolle a todos os veciños que cando vexan a algunha persoa incumprindo as normas do lixo chamen á Policía Local e dean datos para poder sancionar estas condutas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!