Por fin sae a contratación o dragado da ría

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Por fin sae a contratación o dragado da ría

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Despois de anos de loita, o Goberno central sacou a contratación a obra de dragado da ría da Pasaxe por importe de 48,5 millóns de euros. O prazo de presentación de ofertas finalizará en marzo e unha vez que comece a obra está previsto que se realice en 26 meses.

Con esta actuación prolongarase o paseo da ría desde Beiramar ata o linde con Cambre, vaise recuperar a ría para o baño e crearanse novas zonas verdes en Culleredo e Oleiros. “Despois do inicio da obra do túnel de Sol y Mar, esta é outra magnífica noticia. Despois de máis de 20 anos de loita de moitos colectivos para lograr a rexeneración da ría, por fin sae a contratación. Temos que felicitarnos todos e todas por lograr esta importante mellora para o benestar do conxunto dos cidadáns da comarca”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!