O sábado celébranse as primarias no Centro Cívico de Santa Cruz

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O sábado celébranse as primarias de Alternativa dos Veciños no Centro Cívico de Santa Cruz

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Este sábado día 2 de febreiro, todas as veciñas e veciños de Oleiros poderán participar nas eleccións primarias de Alternativa dos Veciños para elixir ás persoas que conformarán a lista electoral para as municipais do 26 de maio. A votación terá lugar no Centro Cívico de Santa Cruz, de 11 a 19 horas.

Un total de 28 candidatos e candidatas, que foron elixidos previamente nas asembleas celebradas en cada localidade, preséntanse a estas eleccións. Segundo os resultados, atendendo ás leis de paridade, á representatividade territorial e á formación da mellor candidatura posible, configurarase a lista electoral definitiva de 24 persoas coa que Alternativa se presentará aos comicios no Concello de Oleiros.

Alternativa dos Veciños non puido dirixirse por carta a todos os veciños e veciñas de Oleiros para invitalos a participar nesta votación, tal e como facía sempre. A Lei de protección de datos impide o envío das papeletas aos domicilios.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!