[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños invita a todos os cidadáns da comarca a participar na romaría que se celebra mañá sábado na Finca Tenreiro, en San Pedro de Nós. Trátase dunha festa aberta a toda a cidadanía na que haberá pulpeira, charanga, inchables para os nenos e nenas…
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
“Mañá non vai chover e, polo tanto, imos celebrar unha romaría marabillosa na Finca Tenreiro. É un gran parque municipal fermosísimo, cheo de árbores centenarias, baixo os que haberá moitos grupos de amigos compartindo a comida nunha día de festa. Teremos xogos para os nenos, actividades varias, charanga, pulpeira, churrasco… As persoas que queiran vir que nos avisen, para terlles reservado sitio nas mesas e sillas que imos colocar por todo o recinto.”, dixo o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.
A festa comeza ás 12:00 horas e prolongarase durante todo o día. Haberá mesas e cadeiras para compartir a comida ou comprar directamente alí polbo, churrasco, empanada, bebidas… Amenizará a xornada a Charanga Os Charangos e para os nenos e nenas haberá inchables e xogos populares.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]