Moitas grazas por participar na romaría que celebramos onte na Finca Tenreiro de San Pedro de Nós
A xornada desenvolveuse nun gran ambiente festivo e de confraternidade.
O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, agradeceu a todas as persoas asistentes a súa participación na romaría e o seu apoio nas pasadas eleccións municipais en Oleiros e nos demais concellos nos que se presentou o partido. Con 3 alcaldías e 32 concelleiros e concelleiras, Alternativa é a cuarta forza política de Galicia a nivel municipal.