Retirar a alta tensión que sobrevoa Sol e Mar debe convertirse nunha prioridade

O Concello ten que insistir en liberar o ceo deste barbarismo industrial nun espazo habitado

As liñas de alta tensión que sobrevoan a Urbanización Sol e Mar supoñen un grave problema visual e incluso de saúde pública, xa que se trata de instalacións industriais impropias dunha contorna habitada. Deben ser retiradas sen demora.

No pasado pleno ordinario do mes de xaneiro, Alternativa dos Veciños presentaba unha moción para volver demandar que se fagan as xestións necesarias ante a Consellería de Industria e a empresa eléctrica para que se aborde dunha vez a eliminación das torres e das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol e Mar. 

Esta debe ser unha das prioridades máis claras do goberno municipal de Arteixo, xa que pasan os anos e a veciñanza da urbanización continúa sofrindo as consecuencias deste indigno abandono.

Comparte esta nova!