Resulta inxustificada a demora de 11 anos para aprobar o PXOM de Culleredo

Alternativa pide ao resto dos grupos que unan forzas para desbloquear o asunto

A posible existencia de intereses ocultos parecen estar detrás da enorme dilación que afecta ao Plan de Urbanismo de Culleredo, polo que Alternativa pide aos partidos representados na Corporación que presenten o documento ao pleno sen máis retrasos.

Para abordar este tema, en 2021 foi solicitada por todos os grupos da oposición unha comisión, que nunca se chegou a reunir. O Plan Xeral, pendente da súa aprobación definitiva, foi aprobado inicialmente nada menos que en 2013, hai 11 anos.

En 2018 producíronse uns impropios enfrontamentos entre o equipo redactor e os técnicos municipais (a secretaria da Corporación e o arquitecto xefe de Urbanismo), o que levou ao goberno municipal a dilatar a tramitación. Actualmente, o concello está tramitando o urbanismo a través dunhas obsoletas Normas Subsidiarias.

Comparte esta nova!