[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Reparto de 30.000 kg de alimentos en Oleiros entre 376 familias en vulnerabilidade
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A primeira semana de novembro, o Concello de Oleiros procederá ao reparto de 30.000 kg de alimentos non perecedoiros procedentes da Unión Europea entre as 376 familias que neste momento se atopan en situación de emerxencia social no municipio. Para evitar estigmatizacións, todas as persoas son citadas en horarios concretos para que poidan recoller os alimentos que necesitan sen ter que agardar, nin facer colas.
Ademais deste reparto de alimentos, o Concello está a axudar a todas estas persoas mediante a entrega de bonos para acceder a produtos frescos en supermercados; custeando integramente o comedor escolar dos nenos e nenas destas familias; entregando axudas para o pagamento do aluguer ou a factura da luz, a compra de electrodomésticos e artigos imprescindibles no fogar, gafas ou dentista; asumindo os gastos de medicamentos, etc. Ademais do forte investimento no Servizo de Axuda no Fogar, para a atención de persoas maiores e dependentes nos seus domicilios.
O Voluntariado de Oleiros colabora neste reparto de alimentos.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]