Reorganízase o autobús municipal de Oleiros

Os novos itinerarios tratarán de adaptarse mellor ás demandas da cidadanía

Reconsidérase a prestación do servizo público de transporte colectivo en Oleiros. Ata agora, o autobús seguía unha ruta circular de norte a sur do municipio, cubrindo aqueles lugares algo máis alonxados das paradas dos autobuses metropolitanos regulados pola Xunta de Galicia.

O servizo será reformulado para realizar unha mellor prestación, que permita incrementar a rendibilidade do sistema ao ser utilizado por máis persoas. A fórmula que está valorándose consiste en conectar os principais puntos atractores de mobilidade (centros de saúde, grandes centros deportivos, centros comerciais, oficinas da administración, etc) con áreas de escasa frecuencia de paso dos autobuses metropolitanos.

Próximamente daráse a coñecer a fórmula utilizada para o novo servizo, deseñado en función da demanda prevista e das características territoriais do municipio, para intentar que o servizo sexa útil a un maior número de veciñas e veciños.

Comparte esta nova!