Os Reis Magos percorrerán todas as parroquias de Oleiros o 5 de xaneiro
O 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. Debido ás restricións sanitarias as entidades veciñais non poderán organizar as festas de Reis en cada localidade como sempre facían, polo que o Concello organizará unha cabalgata para que os nenos e nenas non sexan privados da ilusión de ver aos Reis Magos.
Está previsto que os Reis Magos fagan a ruta nun autobús descapotable, que estará decorado especialmente para a ocasión. Con antelación ao 5 de xaneiro, o Concello informara a través de todos os medios de comunicación municipais da ruta e dos horarios previstos.