tb

Refórzase a atención de Servizos Sociais en Oleiros coa apertura do Torreón Bescansa

Seguindo as políticas marcadas polo Goberno municipal de Alternativa dos Veciños de reforzar os servizos públicos e aquelas cuestións sociais ante as adversidades derivadas da pandemia, procedeuse á apertura do Torreón Bescansa como novo espazo de información e atención. Estas novas dependencias están dirixidas principalmente á veciñanza de Perillo e Montrove, para facilitarlles os desprazamentos e evitarlles acudir ata Oleiros.

Este centro permanecerá aberto de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas. Para acudir recoméndase solicitar cita previa a través do 981 61 00 00, aínda que tamén é posible dirixirse directamente a estas dependencias municipais.

Novas relacionadas