Reducir a velocidade na recta da Anchoa, un logro inmediato e rápido

Unha xestión urxente cos responsables na Coruña deu lugar á nova regulación viaria

Nada máis tomar posesión, o Goberno Municipal de Alternativa reuniuse coa Xefatura Territorial de Infraestruturas e Mobilidade para abordar a tan demandada prohibición de adiantamentos e redución de velocidade en toda a recta de Anchoa.

Na citada reunión adquiriuse o compromiso do Xefe da área de mobilidade, Felipe de la Vega, que se comprometeu a iniciar de inmediato as obras pertinentes para mellorar a seguridade viaria e peonil.

Sen máis tardar, a principio do mes de agosto xa se levaron a cabo os traballos acordados, quedando prohibidos os adiantamentos e limitada a velocidade a 50 quilómetros por hora.

Comparte esta nova!