[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A rede de banda larga esténdese a diversas zonas do municipio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Xunta de Galicia informou ao Concello de Oleiros que o despregamento da rede de banda larga para o acceso ultrarrápido a internet en diferentes zonas do municipio atópase en execución. As compañías de telecomunicacións, a través dunhas subvencións da Xunta e do Estado, están a instalar as liñas de acceso ultrarrápido a internet en Lorbé, Aguieira, Augarrío, Breixo, O Couto, Lourido Pequeno, Sisaldo, Abeleiras de Abaixo, Campo da Vila, Fontes, A Xesta, Maianca, Agra da Pedra, A Gándara, Punxeiro e Xoez.
A Xunta de Galicia informou que tamén está previsto a realización de novas actuacións en Aba, Dexo, Babilonia, A Lagoa, O Valiño e A Veiga. “Levamos loitando anos para que as empresas que dan servizo de acceso a internet ampliasen a rede e levasen a banda larga a todos os domicilios. É incomprensible que en núcleos importantes de poboación non conten cun acceso decente a internet”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]