O Concello inicia a redacción do proxecto do campo de fútbol de Mera
O Concello de Oleiros está a redactar o proxecto para a construción dun campo de fútbol en Mera. O orzamento municipal para o ano 2019 contempla unha partida económica para realizar a primeira fase desta nova instalación deportiva.
Na primeira fase deste proxecto, que se levará a cabo no presente ano, crearase o céspede e os vestiarios. “A obra total é moi cara, estamos a falar de máis dun millón de euros, pero si imos realizar este ano esa primeira parte do proxecto”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.