Recuperar a Praia de Sada, obxectivo prioritario para Alternativa dos Veciños
Alternativa dos Veciños de Sada insiste unha vez máis na necesidade da recuperación da Praia de Sada. Trátase dun eixo fundamental da economía local e o principal polo de atracción turística do Concello.
Alternativa dos Veciños aposta por esixir a Costas do Estado o recheo de area coma principal medida para a rexeneración da Praia de Sada e critica aos que no seu momento se opuxeron a esta solución para a recuperación do areal.