Unha orde do Goberno central permite os desprazamentos aos colexios para recoller o material escolar do alumnado

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Unha orde do Goberno central permite os desprazamentos aos colexios para recoller o material escolar do alumnado

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Goberno central, a través da Orde SND/399/2020, permite os desprazamentos aos centros educativos para a recollida de material escolar e outras actividades de natureza análoga. Establécese que o acceso aos recintos deberá realizarse de maneira individual, coa concertación de cita previa, para evitar a coincidencia de varias persoas e garantir as distancias de seguridade.

O Concello de Oleiros leva demandado durante as últimas semanas que se lle permita aos pais e nais recoller o material escolar dos seu fillos e fillas para que poidan estudar nos seus domicilios. Aínda que a educación é unha competencia da Xunta de Galicia e non dos concellos, os conserxes dos colexios si son persoal municipal e están a disposición da dirección dos centros para facilitar a entrega do material escolar nun punto concreto do colexio, sen contacto físico de ningún tipo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!