Reclamamos accesibilidade e seguridade para viandantes na Estrada da Estación

Alternativa dos Veciños denunciou o mal estado das beirarrúas da Estrada da Estación e esixiu actuacións á Deputación e ao Concello.

A formación denunciou o deterioro do itinerario peonil que supón un problema de inseguridade e pouca accesibilidade para as persoas viandantes que circulan diariamente por esta vía, unha das concexións máis utilizadas co núcleo urbano e que enlaza servizos como o Centro de Saúde, o colexio, a oficina de xuventude e o paseó fluvial.

O grupo rexistrou formalmente esta demanda tanto na Deputación de A Coruña, por tratarse dunha estrada de titularidade provincial, como ao Concello de Cambre, por afectar directamente á mobilidade e á seguridade no espazo público municipal.

As beirarrúas presentan un deterioro xeneralizado do pavimento con levantamentos e desprazamentos derivados, en en algún caso, do crecemento das raíces das árbores existentes, o que provoca descontinuidades, desniveis e obstáculos que dificultan a mobilidade peonil e supoñen un risco de caídas, accidentes e problemas de accesibilidade.

Alternativa advirte que a situación e incompatible coa imaxe, funcionalidade e cos estándares de calidade para un espazo público coa relevancia desta estrada. E esixe que se que se realicen as actuacións pertinentes para garantir unhas condicións de seguridade e accesibilidade.

Comparte esta nova!