Rechazo veciñal ao proxecto da estación de mercancías en Orro

Alternativa defende Ledoño como a mellor opción loxística e avoga por un proceso transparente.

Veciñanza e membros das corporacións de Culleredo e Arteixo están a elevan a súa voz contra o proxecto da estación de mercacías en Orro impulsado polo “Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible”.

Alternativa súmase a postura de que o espazo idóneo para a estación de mercancías sexa nun espazo industrial como o Centro Loxístico de Transportes de Ledoño.

A pesar que dende o goberno municipal se indica que aínda non existe unha decisión definitiva ó respecto, desde Alternativa sinalan a necesidade de que veciñanza e forzas políticas se posicionen con claridade na defensa do territorio.

O grupo destaca e apoia a mobilización social, destacando que responde á preocupación polo impacto negativo que esta infraestrutura podería ter nunha contorta rural e residencial como O Souto.



Comparte esta nova!