Recala en Oleiros rumbo a Gaza a Frotiña pola Liberdade

Un acto na Fábrica, o venres 28, expresará o gran apoio que xenera a iniciativa

A valente iniciativa Rumbo a Gaza, un buque que partiu de Noruega o primeiro de maio e que tras recalar en varios países europeos chega á península Ibérica, celebrará no centro cultural A Fábrica un acto de solidariedade e recoñecemento dentro do seu periplo cara a Oriente Medio.

Será o venres, ás 20 horas, un acto no que o capitán Clive Haswell será recibido polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. Na sesión falarán desta iniciativa internacional, acompañados polos artistas Xurxo Souto, Cándido Pazó, Isabel Risco e Félix Arias

No ano 2009 formouse a Coalición da Flotilla da Liberdade que tiña como principal obxectivo romper o bloqueo a Gaza por mar. Os fundadores foron a Coalición Europea Contra o Bloqueo a Gaza, Ship to Gaza Greece, Ship to Gaza Sweden, IHH (Insani Yardim Vakfi), Palestinian Solidarity Campaign e Free Gaza Movement, que empezaron a traballar para poder enviar a Gaza unha frota de barcos a primavera do ano 2010. Desde entón tiveron lugar 9 viaxes de distintos buques, tal como reflexan na súa web, Rumboagaza.

Entre os seus obxectivos piden que a potencia colonial ocupante acate a legalidade internacional cumprindo coas resolucións das Nacións Unidas e os organismos internacionais que lle obrigan a poñer fin á ocupación -incluída Xerusalén Este-, ao bloqueo, a derrubar o muro de ocupación, a permitir o regreso da poboación refuxiada que expulsou e compensala polos danos e prexuízos. Ademáis, a potencia ocupante debe ser xulgada polos crimes cometidos.

Comparte esta nova!