[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Recuperar a cordura urbanística no temple e o graxal é unha das bandeiras coas que convencer á cidadanía
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Raúl Varela Fraguío foi presentado esta mañá por Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños, como candidato no Concello de Cambre. Varela, que tamén estivo acompañado pola concelleira Sandra Sánchez Vieites, é o actual voceiro municipal de Alternativa, licenciado en Administración e Dirección de Empresas e moi activo na vida social, cultural e deportiva de Cambre.
Nas próximas eleccións municipais, Alternativa dos Veciños aspira a incrementar a súa representación na corporación de Cambre para facer posible un cambio político e acabar coas continuas arbitrariedades do actual Goberno que levan ao concello polo mal camiño. O feito de que Cambre perda poboación manifesta a nefasta xestión actual e a necesidade de incrementar servizos públicos.
Para cambiar esa situación e impedir as operacións especulativas coas que o actual Goberno pretende cercar de cemento polos 4 costados O Temple e O Graxal, Alternativa preséntase ás eleccións co obxectivo principal de aprobar un Plan Xeral, que permita desenvolver un urbanismo respectuoso co medio ambiente e dotar ás diferentes parroquias e núcleos urbanos dos servizos públicos necesarios para educación, cultura, deporte, sanidade, lecer…
É mentira que o actual Goberno aprobase o Plan Xeral de forma inicial. O documento aprobado, non é máis que un simple avance, pendente dos 25 perceptivos informes administrativos. Un novo intento de engano á poboación, igual que o de hai 4 anos, co que se volverán prometer recalificacións de solo con planos nos que é imposible identificar as parcelas pola escala á que se presentan.
Raúl Varela preséntase cun importante bagaxe de 4 anos de traballo por Cambre, realizando unha oposición construtiva, apoiando aqueles asuntos positivos para o progreso do municipio e, por suposto tamén, denunciando aquelas actuacións de dubidosa legalidade ou que só benefician a intereses privados vencellados co Goberno municipal.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]