Quere o PP un nadal sen atraccións municipais en Oleiros?

Parece que ese é o espírito das declaracións da súa voceira

Nada facía sospeitar que o PP de Oleiros non simpatizaba cos tiovivos ou a pista de xeo que o Concello instala en diversos lugares do Concello durante o nadal.

Pero así parece, tal e como declarou a súa voceira a un medio de comunicación, incómoda porque o goberno da Alternativa organice actividades a prezos populares como as previstas tanto en Segunda República (Perillo) como en Esther Pita (Santa Cruz).

Sorprenderon estas manifestacións públicas do PP, contrarias a que o municipio ofreza algunhas fórmulas para empregar o tempo de lecer de xeito máis divertido, centrando nestes espazos duas alternativas de ocio atractivas para empregar o tempo libre.

Segundo fixo público o Concello, “a organización destas actividades a baixo prezo, financiadas na maioría do seu coste con fondos municipais, complementa o alumeado dunha árbore de nadal en cada parroquia, evitando encher de luces un municipio tan extenso, disperso e poboado como Oleiros. Ademáis, o concello faise cargo de abonar o consumo eléctrico das instalacións que desexen realizar comerciantes ou entidades en calquera lugar do Concello para estimular á súa clientela”.

Comparte esta nova!