Que pensan os partidos progresistas do avance do fascismo?

Moitas persoas síntense abandonadas polos seus referentes de progreso e entréganse á ultradereita

Os grandes avances que conseguiron as democracias europeas en materia de igualdade e liberdade están poñéndose en risco debido ao apoio dun crecente número de persoas a partidos fascistas.

Os datos de dous estados alemáns, Francia e Italia poñen en cuestión a viabilidade de sistemas que ata o de agora foron estables e produciron evidentes avances sociais. 

Que sucede cos partidos progresistas? Por que os abandonan certo número de votantes para entregarse ao autoritarismo e ao fascismo? Esta é a reflexión que debe mover á esquerda en toda Europa, según manifestou o presidente da Alternativa, Ángel García Seoane, a unha emisora de radio.

Eses grandes avances en infraestruturas, cultura, benestar social, tolerancia, respecto ás distintas confesións relixiosas e en convivencia entre distintas etnias e culturas, que hoxe son as principais vítimas do fascismo e a intolerancia.

A resposta a esta degradación e descrédito das democracias europeas vense dando da man de gobernos que se poñen de costas ao electorado: incumpren programas electorais, saquean as arcas do estado, abandonan a colectivos que lles prestaron o seu apoio, e non son quen de dotarse de liderazgos sólidos, capaces de personalizar as aspiracións da xente.

Estas convírtense na causa do forte avance dos extremismos fascistas, homófobos, machistas e demagóxicos que queren destruir o sistema democrático desde dentro, utilizando os propios mecanismos do sistema para tratar de reventalo, tal como acontece con personaxes tan relevantes na escena internacional como Trump ou Milei.

Comparte esta nova!