Que fai o PSOE de Oleiros co diñeiro que cobra do Concello?

Aínda non xustificaron os fondos que o Concello lles cedeu para o seu traballo político durante o pasado mandato

Case 20.000 euros con destino incerto. É o importe da subvención recibida polo grupo do PSOE de Oleiros no Concello para gastos do seu grupo durante o pasado mandato que polo momento os seus concelleiros non foron capaces de xustificar.

Non se sabe o destino dese diñeiro, xa que non presentaron na Facenda Municipal a correspondente documentación coa que a institución local controla que eses recursos públicos se dedican ao traballo político e non a outras cousas.

Como consecuencia deste comportamento irregular, o PSOE de Oleiros non pode percibir os fondos municipais do presente período de representación.

O resto das formacións políticas presentes na Corporación, Alternativa, PP e BNG presentaron toda a documentación preceptiva e cobran con normalidade os gastos aos que neste período teñen dereito para exercer o traballo municipal.

Comparte esta nova!