[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños únese á marea de condolencias polo falecemento de Don Arsenio Iglesias.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Arsenio identificouse sempre coa nosa realidade máis auténtica e xenuina, pero tamén soubo ser unha figura deportiva exemplar, que nunca perdeu a perspectiva humana e concibiu o deporte como unha actividade sa, intelectual e serena, afastada de conceptos como a excentricidade, o dramatismo ou a excesiva mercantilización.
Por outra parte, a súa enorme significación humana potenciou de xeito intelixente e feiticeiro a autoestima coruñesa e galega, coa que moitos nos identificamos.
Así o asumimos cando decidimos nomear o pavillón deportivo de Santa Cruz co seu nome, unha feliz decisión que incorporou ao noso nomenclator urbano unha figura que nos honra a todas e todos, máis alá do fútbol e do deporte, porque o nome de Arsenio Iglesias está moi por enriba desas dúas dimensións.
Que a terra lle sexa leve![/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]