Como ata o de agora, o Concello custeará o 100% os gastos de comedor escolar dos nenos e nenas de Oleiros en situación de vulnerabilidade. Tamén haberá subvencións, para facilitar conciliación, que cubrirán o 60 % ou o 40% do custo do comedor, en función da renda familiar.
As familias beneficiarias destas axudas que impulsamos desde o Concello comezarán a percibilas desde o inicio do curso, para que realmente poidan cumprir o fin que perseguimos. Para optar a recibilas, hai que facer a solicitude antes do 18 de xullo – no rexistro xeral do Concello de Oleiros, nas oficinas de Servizos Sociais en Villa Echeverry en Perilllo (avenida Che Guevara 45) ou a través da Sede Electrónica-.
As ANPAs, que tan bo traballo fan nos distintos centros en beneficio do benestar do alumnado de Oleiros, facilitan coa súa xestión a tramitación e pagamento destas subvencións municipais. Moitas grazas!