PSOE e PP, a mesma ponte é

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Incompetencia e a deixadez dos últimos 4 gobernos de Madrid

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Os distintos gobernos centrais de PSOE e PP levan 26 anos enganando á cidadanía coa ampliación da ponte da Pasaxe. Anuncios que nunca se converten en realidade, cifras irrisorias nos orzamentos do Estado, proxectos que non se aproban definitivamente… E a obra, que debería iniciarse despois do verán –unha vez finalice o túnel de Sol y Mar-, segue sen previsión de comezo.

Ante o aviso de colocación no día de hoxe dun cartel de denuncia da inoperancia dos últimos 4 gobernos de España en relación á necesidade de ampliación da ponte Pasaxe, o Ministerio de Transporte anunciaba onte de présa e correndo a aprobación inicial do proxecto. En vistas dun novo posible engano á cidadanía, pois cifran a ampliación en 31,3 millóns pero nos orzamentos do Estado para 2023 só meteron 500.000 euros, para denunciar de maneira permanente a urxente necesidade de contratación e inicio desta obra -tan pronto como finalice o túnel de Sol y Mar o próximo verán-, procedeuse á instalación da valla informativa prevista diante do edificio de Copigal.

No caso de Alfonso Molina, neste momento non hai proxecto aprobado nin os cartos necesarios consignados para iniciar a obra no próximo ano. Segundo o recollido nos orzamentos do Estado, o plan do Goberno é comezar esta actuación no 2026.

Ante esta grave situación que afecta ao conxunto da cidadanía de toda a comarca da Coruña, que sufre continuos e prolongados atascos ante o máis mínimo accidente ou percance no tráfico, Alternativa dos Veciños continuará reclamando por todos os medios que o Ministerio de Transportes amplíe a ponte da Pasaxe e Alfonso Molina.

Para denunciar esta lamentable situación ante os responsables do Ministerio de Transporte, calquera cidadán poden dirixirse ao teléfono 981-989-000 ou ao correo electrónico mitma@mitma.es.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!