Próxima construción de 20 novos pisos protexidos na praza da Rabadeira

O prazo para inscribirse estará aberto do 5 de xuño ata o 5 de xullo na Sede electrónica do Concello.

O prazo para inscribirse estará aberto do 5 de xuño ata o 5 de xullo na Sede electrónica do Concello.

As enormes dificultades para o acceso á vivenda non son exclusivas de Oleiros, trátase dun problema de Estado (o máis importante neste momento). Agás en municipios rurais nos que existen carencias de servizos, comprar ou alugar unha vivenda en cidades ou áreas urbanas de calquera punto de España é prohibitivo para as familias con ingresos medios.

O máis idignante é que os que realmente teñen que actuar para invertir a situación (o PP desde o Goberno de Santiago e o PSOE desde o Goberno de Madrid) son os mesmos que onde non gobernan, como aquí en Oleiros, atrévense a dar leccións. Pura demagoxia.

Os concellos non temos ningún tipo de competencia en vivenda. Iso non impediu que coa nosa política urbanística promovésemos desde o ano 1992 a construción de 1.171 pisos protexidos, entre os que están os 146 actualmente en construción en Xaz, Perillo e Mera; aos que haberá que engadirlle os 20 que se crearán de inmediato mediante a mesma fórmula de cooperativa, cun custo de adquisición medio por vivenda de 3 habitacións de 215.000 euros –aos que haberá que descontar entre 20.000 e 30.000 euros de subvencións-.

Precisamente grazas a esas 3 últimas promocións, Oleiros pasou a ter o metro cadrado de piso de nova construción máis barato da comarca xunto con Arteixo. Fronte á manipulación, feitos.

Comparte esta nova!