Alternativa dos Veciños logrou sacar adiante unha moción sobre a creación dun mercado municipal de abastos presentada no pleno ordinario de agosto. O goberno municipal debe poñerse entón mans á obra para facer realidade este equipamento público, se ben previamente é preciso estudiar a súa viabilidade.
A moción foi aprobado por todos os grupos que conforman a corporación municipal. O equipo de Goberno solicitou no debate da moción engadir unha modificación na que se comprometeu a realizar un estudio premio para ver a viabilidade.
O Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños considera prioritario para o munipio de Arteixo a construción dun mercado de abastos. Os mercados municipais son uns espazo privilexiados que actúan como referentes territoriais e comercias e que están fortemente vinculados aos pobos” apunta Noelia Martínez, Voceira do Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños.
“O mercado municipal é un lugar onde se ofrece unha experiencia única de compra, onde a calidade, a frescura e a tradición se combinan para brindarnos unha seria de vantaxes inigualables: Produtos frescos de primeira calidade, variedade e diversidade de produtos, relación directa cos produtores, apoio a economía local, prezos xustos e competitivos, ambiente acolledor e tradicional, conciencia alimentaria e tradicional, espazo de encontro social e cultural” expón Noelia.
“Esperamos que esta proposta non vaia unha vez mais ao caixón do esquecemento e se poña en marcha a construción dun mercado municipal de abastos. Tamén, que se cre un mesa de traballo onde estean representados todos os grupos políticos e os sectores implicados, para así, coas aportacións de todos e todas, poder atopar a mellor localización e deseño do mesmo” matiza a Voceira de Alternativa.