A Concellería de Promoción da Saúde oferta un novo curso de Alimentación Saudable

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Concellería de Promoción da Saúde oferta un novo curso de Alimentación Saudable

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O curso, baseado na gastronomía galega, pretende dar a coñecer os produtos de tempada, por en valor a cociña tradicional galega e ter opcións culinarias propias coa fin de ter recursos para loitar contra o obesidade e eliminar da dieta as prácticas nocivas da comida rápida.

O mércores, 2 de novembro, despois das festas do Samaín, a concellería de Promoción da Saúde, que dirixe Breogán Blanco, oferta un novo curso de Alimentación Saudable baseado na gastronomía galega e onde os participantes coñecerán os produtos de tempada, os valores culinarios propiamente galegos, e uns fundamentos básicos para cociñar dun xeito saudable, con produtos tipicamente galegos e de proximidade.

O curso desenvolverase nos locais da Asociación de Veciños Armental de Carnoedo todos os martes en dúas quendas: de 16h a 17:30h da tarde, e de, 17:30h a 19h do serán.

Ofértanse un total de 30 prazas, o prazo de inscrición xa está aberto e pódese facer tanto no rexistro municipal coma na propia Asociación de Veciños Armental.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!