[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Ofrenda floral mañá ás 12 no parque que leva o seu nome na urbanización rialta
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños quere expresar o seu profundo pesar polo falecemento do sobranceiro sindicalista e político Nicolás Recondo. Para homenaxealo, o Goberno municipal de Oleiros realizará unha ofrenda floral no día de mañá no parque que leva o seu nome na urbanización Rialta.
Nicolás Redondo foi unha figura fundamental do sindicalismo durante o franquismo, a transición e a democracia. Grazas á súa loita pola liberdade, a democracia e a clase traballadora acadáronse importantes dereitos laborais e sociais, o que lle costou numerosas detencións e o levou ao exilio.
Para ensalzar a súa destacada traxectoria na loita pola defensa da clase obreira e da democracia, o Goberno municipal de Oleiros outorgoulle o seu nome ao parque público da urbanización Rialta. Foi no 1996, nun momento no que a cúpula do PSOE estaba a sometelo por non aceptar, como deputado nas Cortes, certas políticas liberais que o Goberno de Felipe González defendía por imposición de EEUU e outros gobernos europeos.
Nicolás Redondo, que se desprazou a Oleiros para o acto de inauguración do seu parque, nunca traizoou os dereitos dos traballadores nin as políticas progresistas que permitiron que en España nacese unha ampla clase media grazas ao traballo e aos dereitos acadados pola loita de millóns de cidadáns. Sobran razóns para que sexa lembrado no Concello de Oleiros.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]