Prioriza o convenio das Casas Bailly as necesidades da veciñanza?

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Prioriza o convenio das Casas Bailly as necesidades da veciñanza?

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Mañá no pleno do Concello de Cambre se pretende a ratificación dun convenio urbanístico recalificando 19.597 m2 outorgándolle unha edificabilidade de 0.75m2. Moi superior á recollida nas normas subsidiarias, hoxe obsoletas e, a través das cales, a lei do solo impide reformas como as que pretenden.

O Goberno Municipal quere xustificar esta operación especulativa e posiblemente ilegal argumentando que a promotora aboará un diñeiro para a restauración das ruínas das Casas Bailly. Ocultando que a promotora non aporta o diñeiro para esa difícil recuperación e que a cantidade que se está a falar é o abono dun diñeiro a cambio do 10% do solo edificable que lle pertencería ao Concello e que sería obrigatorio, si o que se pretende fora legal, venderíase a través de poxa pública.

O Goberno Municipal leva anos tramitando un Plan Xeral sen resolver e prexudicando así a miles de veciños do Concello. Con esta actuación e outra situada nas inmediacións deste, xa denunciada no seu día por Alternativa dos Veciños e que a Xunta non lle deu aprobación, pretende recalificar 64.297 m2 nas que se construirían 39.497 m2.

O Goberno Municipal parecelle que hai pouco cemento no Graxal-Temple. Estas áreas solo son recalificables a través dun Plan Xeral e debería ser para dotar a zona de espazos verdes e equipamentos que non ten. E todo esto a través da aprobación dun Plan Xeral, actualmente oculto no caixón.

Alternativa dos Veciños anuncia que presentará as alegacións pertinentes e acudirá aos tribunais se fose preciso para frear esta especulación feroz que ten de claros responsables ao Alcalde e ao Concelleiro de Urbanismo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!