O Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións aprobado pola Xunta de Goberno local é o inicio de trámite para reclasificar os terreos propiedade da entidade Larlilás de Ouces, que permitirá a construcción dun centro de maiores autoxestionado deseñado para o “envellecemento activo e en comunidade” en Ouces.
Con esta aprobación inicial para a recalificación dos terreos por parte do Goberno de Bergondo inicia unha exposición pública de dous meses para que as persoas interesandas poidan presentar alegacións oportunas.
A reclasificiación afecta a 66.070 metros cadrados de parcelas rústicas propiedade da entidade que, ao amparo da lei do solo, permitirá a instalación deste equipamento asistencial que cumprirá unha serie de condicións para minimizar o impacto coa conservación de zonas de bosques de ribera, con 6.285 metros cadrados destinados a usos constructivos e cunha previsión de edificacións baixas.